Saídas profesionais
Unha vez terminado o doutoramento, o ámbito laboral do persoal investigador pode ser tanto o sector privado coma o sector público, no que destacadan os centros de investigación nas universidades. En concreto, o persoal investigador pode:
- Realizar un postdoutoramento, é dicir, traballar nunha institución académica investigando de forma temporal.
- Investigar e dar clases na universidade.
- Traballar nunha empresa privada en departamentos de I+D+i.
- Crear spin offs, empresas por parte das persoas investigadoras, ou participar en proxectos de auto-ocupación.