05/10/2023

Anuncio Conferencias inaugurais 2023/2024

Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento
Título: Conferencias Inaugurais Doutoramento Campus Auga 2023/2024
Data e hora: Mércores, 8 de Novembro de 2023, 11.00 h
Lugar: Salón de Graos do Edificio Xurídico Empresarial, Camiño da Seara B 31, 32004 Ourense.
Conferencias en UVigoTV: Ver todas

As conferencias, coas que se dará arranque oficial á programación 2023/2024, afondarán na relación da auga co clima, tratando de profundar na xestión territorial necesaria para un maior aproveitamento do recurso da auga ante un clima cambiante, e tamén sobre as posibilidades de coñecer o noso clima pasado a través da recuperación de datos históricos a partir de diferentes tipos de documentación.

Sergio Vicente, profesor de investigación no Instituto Pirenaico de Ecoloxía (CSIC), falará de “Cambios na dispoñibilidade de auga en España: a influencia da xestión do territorio e as demandas de auga nun escenario de cambio climático”. Pola súa banda, Fernando Domínguez, investigador da Fundación ARAI na Universidad de Zaragoza, ofrecerá o relatorio “Que nos contan os arquivos e bibliotecas da variabilidade climática?”.

O acto, que poderá seguirse en liña a través de UVigo TV, contará coa asistencia, entre outros de Roberto Ignacio Fernández, director do Campus Auga; Francisco Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense; Raquel Nieto, directora do Programa de Doutoramento en Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento; Emma González, xerente do Inorde (Deputación de Ourense) e Carmen Sampayo, presidenta do Colexio de Economistas de Ourense.

 

10/09/2022

Anuncio Conferencias inaugurais 2022/2023

Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento
Título: Conferencias Inaugurais Doutoramento Campus Auga 2022/2023
Data e hora: Martes 20 de Setembro de 2022, 11.00 h
Lugar: Salón de Graos do Edificio Xurídico Empresarial, Camiño da Seara B 31, 32004 Ourense.
Seguemento en streaming: Uvigo TV Canle 1

Preme para a preinscrición
Obxectivo: Difundir a cultura da investigación en relación coa auga no eido académico. Esta edición adícase a historia do uso e a investigación das augas en Galicia.
Audiencia:
Estudantes, académicos, investigadores, profesionais e, en xeral, persoas interesadas no coñecemento da auga.
Asistencia libre segundo a capacidade da sala (104 asistentes)
A participación na actividade será valorada no documento de actividades do programa de doutoramento. Achegarase diploma académico de participación na xornada.

Programa:
Benvida e presentación dos relatores
Luis Alonso Álvarez
O lecer das augas. O paradigma lúdico dos balnearios españois, c. 1750-2019
Francisco Díaz Fierros-Viqueira
Pequena historia das análises de augas en Galicia. Antonio Casares
Peche

Relatores:

Relatores
Luis Alonso Álvarez
Catedrático de Historia económica da UDC, onde foi director do departamento de Historia e Institucións Económicas. Coordinou o Grupo de Estudios de Historia da Empresa. É membro dos consellos editoriais de varias revistas académicas. Ten dado ao prelo unha ducia de monografías e un longo centenar de artículos e participacións en publicacións colectivas, entre os que cabe destacar O Lecer das Augas. Historia dos balnearios de Galicia, El agua bienhechora. El turismo termal en España e The value of water: the origins and expansion of thermal tourism in Spain.
Francisco Díaz Fierros-Viqueira
Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela. Foi Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, do Seminario de Estudos Galegos e vicepresidente do Consello da Cultura Galega. Autor de 83 capítulos e contribucións a monografías científicas, coordinador de 29 obras colectivas e autor de19 libros científicos e de divulgación, como Auga para todos, USC (2018), e A cuestión ambiental en Galicia. Raíces dunha nova cultura (1750-1972) (2006). Foi Premio Nacional de Cultura Galega en “Pensamento e Cultura Científica” no 2008. Membro do Comité Científico estatal de Parques Nacionales, 2005-2012. Díaz-Fierros é membro numerario da Real Academia Galega e da Real Academia de Farmacia de Galicia.

 

22/01/2019

Call of Industrial Doctorates of the Ministry-AEI (Spain)

This call is exclusive to companies to finance Ph.D. students linked in an industrial research or experimental development project that can be executed in collaboration between the company and the university. The aid is in the form of a subsidy for the company (which varies according to the type of project and type of company eg small company + industrial research project can reach 70% of subsidy), to finance the doctorate contract, realization of stays in R & D entities and grants for doctorate enrollment with a duration of 4 years.

In this regard, comment that the company should have a doctor since it is mandatory that the tutor in the company is a doctor and indicates that there may be a second co-director linked to the university where the student is studying the doctorate (article 39 apt. C).

Deadline presentation: January 22 – 12 February 2019.