Novidades
10/09/2022
Anuncio Conferencias inaugurais 2022/2023
Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento
Título: Conferencias Inaugurais Doutoramento Campus Auga 2022/2023
Data e hora: Martes 20 de Setembro de 2022, 11.00 h
Lugar: Salón de Graos do Edificio Xurídico Empresarial, Camiño da Seara B 31, 32004 Ourense.
Seguemento en streaming: Uvigo TV Canle 1
Preme para a preinscrición
Obxectivo: Difundir a cultura da investigación en relación coa auga no eido académico. Esta edición adícase a historia do uso e a investigación das augas en Galicia.
Audiencia:
Estudantes, académicos, investigadores, profesionais e, en xeral, persoas interesadas no coñecemento da auga.
Asistencia libre segundo a capacidade da sala (104 asistentes)
A participación na actividade será valorada no documento de actividades do programa de doutoramento. Achegarase diploma académico de participación na xornada.
Programa:
Benvida e presentación dos relatores
Luis Alonso Álvarez
O lecer das augas. O paradigma lúdico dos balnearios españois, c. 1750-2019
Francisco Díaz Fierros-Viqueira
Pequena historia das análises de augas en Galicia. Antonio Casares
Peche
Relatores:
Relatores
Luis Alonso Álvarez
Catedrático de Historia económica da UDC, onde foi director do departamento de Historia e Institucións Económicas. Coordinou o Grupo de Estudios de Historia da Empresa. É membro dos consellos editoriais de varias revistas académicas. Ten dado ao prelo unha ducia de monografías e un longo centenar de artículos e participacións en publicacións colectivas, entre os que cabe destacar O Lecer das Augas. Historia dos balnearios de Galicia, El agua bienhechora. El turismo termal en España e The value of water: the origins and expansion of thermal tourism in Spain.
Francisco Díaz Fierros-Viqueira
Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela. Foi Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, do Seminario de Estudos Galegos e vicepresidente do Consello da Cultura Galega. Autor de 83 capítulos e contribucións a monografías científicas, coordinador de 29 obras colectivas e autor de19 libros científicos e de divulgación, como Auga para todos, USC (2018), e A cuestión ambiental en Galicia. Raíces dunha nova cultura (1750-1972) (2006). Foi Premio Nacional de Cultura Galega en “Pensamento e Cultura Científica” no 2008. Membro do Comité Científico estatal de Parques Nacionales, 2005-2012. Díaz-Fierros é membro numerario da Real Academia Galega e da Real Academia de Farmacia de Galicia.
10/09/2021
Anuncio Conferencias Xoves 16 de setembro 17:00
Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento
Título: Conferencias Doutoramento Campus Auga 2021/2022
Data e hora: Xoves 16 de Setembro de 2021, 17:00 h
Lugar: Salón de Graos do Edificio Xurídico Empresarial, Camiño da Seara B 31, 32004 Ourense.
Seguemento en streaming: Uvigo TV Canle 1
Preme para a preinscrición
Obxectivo: difundir o coñecemento e a investigación de excelencia en relación coa auga no eido académico.
Audiencia:
Estudantes, académicos, investigadores, profesionais e, en xeral, persoas interesadas no coñecemento da auga.
Asistencia libre previa inscrición e segundo o aforo establecido polas normas anti-COVID-19.
A participación na actividade será valorada no documento de actividades do Programa de Doutorado. Achegarase Diploma Académico de Participación na Xornada.
Programa:
– Acto de benvida e presentación dos relatores
– Teresa María Navarro Caballero (videoconferencia Uvigo TV Canle 1)
Agua y cambio climático. Gestionando recursos escasos.
– Mª del Mar Campíns Eritja
Generación de energía hidroeléctrica y cambio climático desde la perspectiva del derecho internacional.
– Francisco Javier Tapiador Fuentes
La precipitación: su medida y modelización en un clima cambiante.
– Peche.
Relatores:
Profa. Dra. Mª del Mar Campíns Eritja
Catedrática de Dereito Internacional Público da Universidade de Barcelona; é tamén titular da Cátedra Jean Monnet sobre Derecho Medioambiental de la UE, membro do Consello Editorial da Revista Catalana de Dret Ambiental, e membro da Academia de Derecho Ambiental de la UICN.
Profa. Dra. Mª Teresa Navarro Caballero
Profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade de Murcia; é na actualidade Directora de la Cátedra del Agua y la Sostenibilidad da Universidade de Murcia e foi Directora General de Medio Ambiente da Región de Murcia.
Prof. Dr.Francisco Javier Tapiador Fuentes, Catedrático de Física da Terra da Universidade de Castilla-La Mancha e Licenciado en Filosofía e Letras. Foi profesor invitado nas Universidades de Cambridge, París 7, Mannheim, Colorado, Oklahoma, Caltech (JPL-NASA) e investigador postdoutoral na Universidade de Birmingham. Foi Decano da Facultade de Ciencias Ambientales y Bioquímica da Universidade de Castilla-La Mancha.
Estas conferencias enmárcanse no eido do
IV Simposio Internacional de Termalismo y Calidad de Vida 2021
Organiza
Comisión Académica do Programa de Doutoramento Auga Sustentabilidade e Desenvolvemento
28/05/2021
Convocatoria de matrícula en estudos de posgrao para o curso 2021/2022
Comunícase que por Resolución reitoral de 27 de maio de 2021 publícase a convocatoria de matrícula para estudos oficiais de posgrao da Universidade de Vigo para o curso académico 2021/2022.
03/05/2021
Calendario de preinscrición e matrícula
Comunícase que se publicou o calendario de preinscrición e matrícula para o vindeiro curso 2021/2022.
15/08/2019
Preinscrición de matrícula aberta
Comunicase que se abre o prazo de preinscrición de matrícula do 1 ao 12 de setembro, ambos incluidos.
12/06/2019
Xornada de Defensa do Plan de Investigación 2019
A Xornada de Defensa do Plan de Investigación do doutoramento 2019 terá lugar o vindeiro venres 28 de xuño, de 10.00 a 13.00 h, na sala de videoconferencia da Facultade de Dereito do Edificio Xurídico Empresarial e simultaneamente mediante nas salas de videoconferencia que se habiliten no P.Porto e a UTAD.
05/02/2019
Preinscrición de matrícula aberta
Comunicase que se abre o prazo de preinscrición de matrícula desde o xoves 7 de febreiro ao luns 11 de febreiro, ambos incluidos.
22/01/2019
Convocatoria de Doutoramentos Industriais do Ministerio-AEI
Convocatoria de Doutoramentos Industriais do Ministerio-AEI dirixida a empresas para financiar doutorandos vinculados nun proxecto de investigación industrial ou desenvolvemento experimental que se pode executar en colaboración entre a empresa e a universidade. A axuda é en forma de subvención para a empresa (que varía segundo a tipoloxía de proxecto e tipo de empresa, por ex. pequena empresa + proxecto de investigación industrial pode alcanzar o 70% de subvención), para financiar o contrato do doutoramento, realización de estadías en entidades de I+D e axudas para a matrícula de doutoramento cunha duración de 4 anos.
A este respecto comentarvos que a empresa debería contar cun doutor, dado que é obrigatorio que o titor na empresa sexa un doutor e indica que poderá existir un segundo codirector vinculado coa universidade onde cursa o doutoramento o alumno (art. 39 aptdo. C)).
Prazo de presentación: do 22 de xaneiro de 2019 ao 12 de febreiro de 2019.