Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Programa de Doutoramento en Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento

O Programa de Doutoramento en Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento enmarcase como unha das liñas de orientación estratéxica do Campus Auga (aprobado no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de novembro de 2013, polo que se autoriza o comezo do proceso de especialización da Universidade de Vigo, do Campus Auga no campus de Ourense e o protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a implantación e desenvolvemento do Plan Estratéxico, de 14 de marzo de 2014).

O programa ten en conta as seis áreas de especialización que aglutina (Xestión da auga, Innovación social e educativa, medio ambiente, TIC, Turismo-patrimonio cultural e alimentación), e que se integran en tres bloques temáticos de investigación: auga, sustentabilidade e desenvolvemento.