| Conferencias de investigación |
30 horas |
Obrigatorio |
Estas conferencias perseguen unha formación científica teórica e metodolóxica e presentan como finalidade dar a coñecer os proxectos de investigación que se desenvolven noutras institucións para promover así a colaboración do estudantado con outros grupos de investigación. |
| Seminarios de investigación |
30 horas |
Opcional |
Estes seminarios permitirán unha posta ao día e un incremento do coñecemento específico nun tema ou metodoloxía científica concreta. Ademais, posibilitarán a adquisición de competencias nas técnicas de investigación máis novidosas do momento para que o estudantado as poida aplicar nas súas teses de doutoramento. |
| Participación en congresos científicos |
50 horas / congreso |
Obrigatorio |
O estudantado debe presentar os resultados das súas investigacións en congresos nacionais ou internacionais relacionados co tema da súa tese de doutoramento. |
| Estadías no estranxeiro |
40 horas / semana |
Opcional |
O estudantado desenvolverá nunha universidade ou centro de unvestigación, preferentemente estranxeiro e de certo prestixio a nivel internacional, unha actividade relacionada coa investigacion que leva a cabo nos seus proxectos de tese de doutoramento. |
| Publicación indexada |
150 horas / actividade |
Opcional |
O estudantado deberá participar de forma activa na redacción de artigos que recollan os resultados da súa investigación con vistas á súa publicación en revistas de carácter científico. |
| Elaboración e exposición do Plan de Investigación |
150 horas |
Obrigatorio |
Realizarase unha presentación e defensa do plan de investigación e avaliación de actividades ao termo de cada ano de doutoramento. |