Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Obxectivos

O obxectivo xeral deste programa é ter en conta as seis áreas de especialización do Campus Auga (Xestión da auga, Innovación social e educativa, medio ambiente, TIC, Turismo-patrimonio cultural e alimentación) aglutinadas en tres bloques temáticos (Auga, sustentabilidade e desenvolvemento) coa colaboración multidisciplinar de todas as escolas e facultades que aglutinan o know-how desenvolvido no campus de Ourense e a colaboración como socios estratéxicos do Instituto Politécnico do Porto (Portugal) e a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro(Portugal). O Programa de Doutoramento concibese como un programa capaz de ofrecer unha formación avanzada e de elevada calidade en temáticas propias do Campus Auga e que lle permitirá establecerse como un líder nesta temática no marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Obxectivos específicos

  • Consolidación dunha oferta formativa especializada e diferenciada
  • Busca dunha universidad con procesos de ensino-aprendizaxe orientados á formación integral de profesionais
  • Busca dunha universidade aberta, conectada coa súa contorna e valorada socialmente

 

Competencias

Competencias básicas

CB11
Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e dos métodos de investigación relacionados con este.

CB12
Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

CB13
Capacidade para contribuir á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

CB14
Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

CB15
Capacidade de comunicarse coa comunidade académica e científica, e coa sociedade en xeral, sobre os seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

CB16
Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

 

Capacidades e destrezas

CA1
Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.

CA2
Encontrar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.

CA3
Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.

CA4
Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinario.

CA5
Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.

CA6
A crítica e defensa intelectual de solucións.

 

Competencias xerais

CG1
Coñecer o estado actual do campo de investigación da súa especialización, así como realizar unha investigación orixinal que amplíe o seu coñecemento sobre o mesmo, desenvolvendo un corpus sustancial, que a faga merecedora de publicación referenciada a nivel nacional ou internacional.

CG2
Capacidade de integrar os coñecementos avanzados adquiridos para xestionar, liderar e deseñar actividades de investigación.

CG3
Coñecer profundamente a fronteira do coñecemento no ámbito de realización da tese de doutoramento e ser capaz de identificar os principais retos de investigación dentro do mesmo.

CG4
Ser capaz de cooperar con científicos nacionais e/ou estranxeiros no estudo dos problemas relevantes do seu ámbito de especialización, así como de comunicarse coa comunidade académica e coa sociedade.

 

Competencias específicas

CE1
Capacidade para identificar problemas abertos, aínda non resoltos, dentro dunha liña de investigación relacionada coa auga, a sustentabilidade e/ou o desenvolvemento tecnolóxico.

CE2
Adquisición de habilidades na análisie e resolución de problemas complexos relativos a algunha das liñas de investigación do programa.

CE3
Capacidade para comunicar e transferir con claridade, tanto en contextos académicos como profesionais, os coñecementos derivados da investigación sobre auga, sustentabilidade e/ou o desenvolvemento tecnolóxico.

 

Competencias transversais

CT1
Desenvolvemento da capacidade de reflexión global desde diferentes perspectivas de coñecemento e actividade sobre responsabilidades sociais, ética e integridade científica.

CT2
Desenvolvemento de habilidades de transferencia de coñecemento a todo tipo de públicos.