Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

A admisión de estudantado no programa de doutoramento será levado a cabo por parte da comisión académica. O estudantado deberá achegar á CAPD toda a documentación necesaria para realizar a matrícula.
Non se establecen requisitos de admisión nos estudos de doutoramento específicos.
De forma adicional soamente será necesario xustificar un nivel B1 de competrencias en lingua inglesa.
Se fose necesario, entre as persoas candidatas que reúnan estas condicións de acceso, a CAPD fará unha selección atendendo á nota media do seu expediente académico ponderado coa media da titulación.

 

Estudantado con necesidades educativas específicas

A Universidade de Vigo, co ánimo de apoiar o estudantado con necesidades educativas específicas e fomentando unha igualdade completa de oportunidades e a súa completa integración, puxo en marcha o Programa de Integración de Estudantado Universitario con Necesidades Especiais (PIUNE) que contempla a atención, acollida e asesoramento polo Servizo de Extensión Universitaria; soporte ao estudo e acompañamento en actividades diversas por parte de persoas voluntarias da Universidade de Vigo.
Así mesmo, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento analizará de forma particular os casos de estudantado con necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade e nomeará unha persoa titora para axudarlle a garantir a adquisición das competencias propias do nivel de doutoramento. Se é necesario a Comisión Académica recibirá un informe da persoa titora e adaptará os servizos de apoio e asesoramento necesarios que avaliarán a necesidade de posibles adaptacións curriculares, itinerarios ou estudos alternativos.

 

Estudantado con titulacións estranxeiras

O estudantado con título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente ao do título oficial español de mestrado universitario e faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento.

Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento a outros efectos que os de acceso a estes ensinos. Deste xeito, o estudantado con título estranxeiro sen homologar requirirá para a plena validez da súa matrícula unha resolución de equivalencia outorgada polo reitor, unha vez emitidos os informes que regulamentariamente se establezan, na que se indicará a denominación do título estranxeiro e o seu recoñecemento para os efectos de cursar estes estudos. A equivalencia deberá solicitarse dentro do prazo que se estableza, acompañando o título con base ao cal se desexa acceder aos estudos de terceiro ciclo e un certificado académico dos mencionados estudos, no que consten as materias e períodos académicos cursados e de que o título dá acceso no seu país aos estudos de doutoramento.
Todo o anterior presentarase debidamente legalizado (orixinais e fotocopias para a súa cotejamiento ou fotocopias autenticadas polos servizos consulares ou embaixadas españolas). En caso de non ser o idioma de orixe o castelán deberase acompañar tamén unha tradución legalizada da documentación anteriormente citada.

Na solicitude de admisión do estudantado tamén se incluirá a posibilidade de realizar simultaneamente a solicitude de equivalencia, en caso necesario. A CAPD valorará a adecuación académica dos estudos cursados pola persoa solicitante, tendo que figurar esta circunstancia na proposta de admisión no programa. As resolucións de equivalencia constarán no expediente do estudante e poderán certificarse como calquera outro extremo do mesmo. Poderase contemplar que os informes emitidos para situacións semellantes sirvan como precedentes. Nestes casos non será necesaria a realización de novos informes. O estudantado poderá matricularse sen esperar a resolución de equivalencia, pero a validez da súa matrícula quedará condicionada a esta declaración.