1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Mestrado Universitario, ou equivalente, sempre que se superaron, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destes dous ensinos.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

  • Estar en posesión dun título universitario oficial español, ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso a Mestrado de acordo co establecido no artigo 16 do Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos que, polo menos 60, haberán de ser de nivel de Mestrado.
  • Estar en posesión dun título oficial español de Graduado ou Graduada, cuxa duración, conforme a normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Devanditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, salvo que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación, equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de Mestrado.
  • Os titulados universitarios que, previa obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superasen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.
  • Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, previa comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente ao do título oficial español de Mestrado Universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento a outros efectos que o do acceso a ensinos de Doutoramento.
  • Estar en posesión doutro título español de Doutor obtido conforme a anteriores ordenacións universitarias.

3. Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivese a correspondencia ao nivel 3 do MECES, de acordo co procedemento establecido no RD967/2014 do 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e procedementos para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a convalidación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do MECES dos títulos oficiais de Arquitecto/a, Enxeñeiro/a, Licenciado/a, Arquitecto/a Técnico/a, Enxeñeiro/a Técnico/a e Diplomado/a.

4. Os/as doctorandos/as que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme a anteriores ordenacións universitarias poderán acceder aos estudos de doutoramento regulados polo RD 99/2011, previa admisión de acordo ao establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da Universidade de Vigo. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral para o acceso a estudos de doutoramento regulados polo RD 99/2011.

5. Poderán acceder a estudos de doutoramento os Licenciados, Arquitectos ó Enxeñeiros que estean en posesión do Diploma de Estudos Avanzados obtido de acordo ao disposto no Real Decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcanzasen a suficiencia investigadora regulada no Real Decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

6. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os Licenciados, Arquitectos ó Enxeñeiros que estean en posesión dun título de Mestrado oficial conforme ao Real Decreto 56/2005 ó ao Real Decreto 1393/2007, modificado polo Real Decreto 861/2010, ou superasen 60 ECTS de estudos de Mestrado oficial.

7. Tamén poderán acceder aos estudos de doutoramento os Diplomados, Enxeñeiros Técnicos ó Arquitectos técnicos que acrediten superar 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos que polo menos 60 sexan de nivel de Mestrado Universitario.