O perfil de ingreso recomendado neste programa de Doutoramento é o de titulados en calquera Mestrado Universitario enfocado en auga, sustentabilidade e desenvolvemento, con preferencia para os titulados nos seguintes Mestrados:

  • Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
  • Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
  • Creación, Dirección e Innovación na Empresa
  • Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
  • Avogacía
  • Enxeñaría informática
  • Acuicultura
  • Oceanografía
  • Ciencia e Tecnoloxía da Conservación de Produtos da Pesca
  • Xestión do Desenvolvemento sostible

No caso de existir algún alumno que proceda doutros mestrados diferentes aos sinalados que dan acceso (sobre todo no caso de alumnos procedentes de mestrados nos cales non haxan tido que realizar nin defender un TFM), en vez de asignar unha serie de complementos formativos, a CAPD en coordinación cos Directores/as da Tese elaborarán un Plan de Acción Titorial onde se definirán con concreción as competencias específicas a adquirir asociadas ás investigacións propias do ámbito disciplinar que elixa o doutorando co obxecto de atender á diversidade de alumnos resultante do carácter multidisciplinar do Programa de Doutoramento. O Director/a da Tese será o responsable de levar a cabo o PAT.