Curso 2022/2023

Primeiro cuadrimestre

Segundo cuadrimestre

Actividade Duración Carácter Descrición
Conferencias de investigación 30 horas Obrigatorio Estas conferencias perseguen unha formación científica teórica e metodolóxica e presentan como finalidade dar a coñecer os proxectos de investigación que se desenvolven noutras institucións para promover así a colaboración do doutorando con outros grupos de investigación.
Seminarios de investigación 30 horas Opcional Estes seminarios permitirán unha posta ao día e o incremento do coñecemento específico nun tema ou metodoloxía científica concreta. Ademais, posibilitarán a adquisición de competencias nas técnicas de investigación máis novas do momento para que os alumnos as poidan aplicar nas súas Teses de Doutoramento.
Participación en congresos científicos 50 horas / congreso Obrigatorio Os doutorandos deben presentar os resultados das súas investigacións en congresos nacionais ou internacionais relacionados co tema da súa tese de doutoramento.
Estadías no estranxeiro 40 horas / semana Opcional Os doutorandos desenvolverá nunha Universidade ou Centro de Investigación, preferentemente estranxeiro e de certo prestixio a nivel internacional, unha actividade relacionada coa investigacion que levan a cabo nos seus proxectos de tese de doutoramento.
Publicación indexada 150 horas / actividade Opcional O alumnado deberá participar de forma activa na redacción de artigos que recollan os resultados da súa investigación con vistas á súa publicación en revistas de carácter científico.
Elaboración e exposición do Plan de Investigación 150 horas Obrigatorio Realizarase unha presentación e defensa do plan de investigación e avaliación de actividades ao termo de cada ano de doutoramento.