Obxectivos

O obxectivo xeral deste programa é ter en conta as seis áreas de especialización do Campus da Auga (Xestión da auga, Innovación social e educativa, medio ambiente, TIC, Turismo-patrimonio cultural e alimentación) aglutinadas en tres bloques temáticos (Auga, sustentabilidade e desenvolvemento) coa colaboración multidisciplinar de todas as Escolas e Facultades que aglutinan o know-how desenvolvido no Campus de Ourense e a colaboración como socios estratéxicos do Instituto Politécnico do Porto (Portugal) e a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro(Portugal). O Programa de Doutoramento concibese como un programa capaz de ofrecer unha formación avanzada e de elevada calidade en temáticas propias do Campus da Auga e que lle permitirá establecerse como un líder nesta temática no marco da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal.

– Consolidación dunha oferta formativa especializada e diferenciada.

– Busca dunha universidad con procesos de ensino-aprendizaxe orientados á formación integral de profesionais.

– Busca dunha universidade aberta, conectada coa súa contorna e valorada socialmente.

Competencias

Básicas

(Establecidas polo RD 861/2010)

Competencia básica 11 (CB11)

Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e dos métodos de investigación relacionados con este.

Competencia básica 12 (CB12)

Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

Competencia básica 13 (CB13)

Capacidade para contribuir á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

Competencia básica 14 (CB14)

Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

Competencia básica 15 (CB15)

Capacidade de comunicarse coa comunidade académica e científica, e coa sociedade en xeral, sobre os seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

Competencia básica 16 (CB16)

Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

 

Capacidades e destrezas

(Establecidas polo RD 861/2010)

Capacidade 1 (CA01)

Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.

Capacidade 2 (CA02)

Encontrar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.

Capacidade 3 (CA03)

Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.

Capacidade 4 (CA04)

Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinario.

Capacidade 5 (CA05)

Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.

Capacidade 6 (CA06)

A crítica e defensa intelectual de solucións.

 

Competencias xerais

Competencia xeral 1 (CG1)

Coñecer o estado actual do campo de investigación da súa especialización, así como realizar unha investigación orixinal que amplíe o seu coñecemento sobre o mesmo, desenvolvendo un corpus sustancial, que a faga merecedora de publicación referenciada a nivel nacional ou internacional.

Competencia xeral 2 (CG2)

Capacidade de integrar os coñecementos avanzados adquiridos para xestionar, liderar e deseñar actividades de investigación.

Competencia xeral 3 (CG3)

Coñecer profundamente a fronteira do coñecemento no ámbito de realización da tese de doutoramento e ser capaz de identificar os principais retos de investigación dentro do mesmo.

Competencia xeral 4 (CG4)

Ser capaz de cooperar con científicos nacionais e/ou estranxeiros no estudo dos problemas relevantes do seu ámbito de especialización, así como de comunicarse coa comunidade académica e coa sociedade.

 

Competencias específicas

Competencia específica 1 (CE1)

Capacidade para identificar problemas abertos, aínda non resoltos, dentro dunha liña de investigación relacionada coa auga, a sustentabilidade e/ou o desenvolvemento tecnolóxico.

Competencia específica 2 (CE2)

Adquisición de habilidades na análisie e resolución de problemas complexos relativos a algunha das liñas de investigación do programa.

Competencia específica 3 (CE3)

Capacidade para comunicar e transferir con claridade, tanto en contextos académicos como profesionais, os coñecementos derivados da investigación sobre auga, sustentabilidade e/ou o desenvolvemento tecnolóxico.

 

Competencias transversais

Competencia transversal 1 (CT1)

Desenvolvemento da capacidade de reflexión global desde diferentes perspectivas de coñecemento e actividade sobre responsabilidades sociais, ética e integridade científica.

Competencia transversal 2 (CT2)

Desenvolvemento de habilidades de transferencia de coñecemento a todo tipo de públicos.