O Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento enmarcase como unha das liñas de orientación estratéxica do Campus da Auga (Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 21 de novembro de 2013, polo que se autoriza o comezo do proceso de especialización da Universidade de Vigo, do Campus da Auga no campus de Ourense e Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a implantación e desenvolvemento do Plan Estratéxico, de 14 de marzo de 2014).

O programa ten en conta as seis áreas de especialización que aglutina –Xestión da auga, Innovación social e educativa, medio ambiente, TIC, Turismo-patrimonio cultural e alimentación-, e que se integran en tres bloques temáticos de investigación: auga, sustentabilidade e desenvolvemento.

Se premes no recadro de abaixo poderás descargar a memoria completa do Programa de doutoramento.

Memoria Doutoramento da Auga 0,3Mb

 

Organización

Coordinador

  • Raquel Olalla Nieto Muñiz

Comisión académica:

  • Raquel Olalla Nieto Muñiz (Presidenta)
  • Ana Mª Tobío Rivas (Secretaria)
  • Julio Prada Rodríguez
  • Arno Formella
  • Miguel Ángel Michinel Álvarez
  • Xosé Manuel Cid
  • Cristina Delerue Matos
  • Marcos Álvarez Díaz
  • Alma María Gómez Rodríguez
  • Maria José Gonçalves Alves