| Conferencias de investigación |
30 horas |
Obrigatorio |
Estas conferencias perseguen unha formación científica teórica e metodolóxica e presentan como finalidade dar a coñecer os proxectos de investigación que se desenvolven noutras institucións para promover así a colaboración do doutorando con outros grupos de investigación. |
| Seminarios de investigación |
30 horas |
Opcional |
Estes seminarios permitirán unha posta ao día e o incremento do coñecemento específico nun tema ou metodoloxía científica concreta. Ademais, posibilitarán a adquisición de competencias nas técnicas de investigación máis novas do momento para que os alumnos as poidan aplicar nas súas Teses de Doutoramento. |
| Participación en congresos científicos |
50 horas / congreso |
Obrigatorio |
Os doutorandos deben presentar os resultados das súas investigacións en congresos nacionais ou internacionais relacionados co tema da súa tese de doutoramento. |
| Estadías no estranxeiro |
40 horas / semana |
Opcional |
Os doutorandos desenvolverá nunha Universidade ou Centro de Investigación, preferentemente estranxeiro e de certo prestixio a nivel internacional, unha actividade relacionada coa investigacion que levan a cabo nos seus proxectos de tese de doutoramento. |
| Publicación indexada |
150 horas / actividade |
Opcional |
O alumnado deberá participar de forma activa na redacción de artigos que recollan os resultados da súa investigación con vistas á súa publicación en revistas de carácter científico. |
| Elaboración e exposición do Plan de Investigación |
150 horas |
Obrigatorio |
Realizarase unha presentación e defensa do plan de investigación e avaliación de actividades ao termo de cada ano de doutoramento. |